Monte Tremuzo

Outes pode presumir con orgullo das excepcionais vistas que ofrece o seu miradoiro natural do Monte Tremuzo. Situado na zona central da ría de Muros-Noia, ofrece as mellores vistas desta, incluíndo o fermoso tramo final do Tambre e a desembocadura do río Tines na enseada do Engano. Podemos dicir con xustiza que o paseo por esta contorna, que une o forestal co marítimo, ten un premio que xustifica sobradamente calquera esforzo físico.

Para alcanzar a cima partiremos do lugar do Cruceiro de Roo (entre Outes e Muros), a pouco máis dun quilómetro en dirección Muros collemos un desvío á dereita que conduce ao miradoiro. Próximo á cima acondicionouse unha área de recreo onde poder descansar e repoñer forzas cunha merenda. Vixiados polo Monte Louro e protexidos pola Serra do Barbanza, pasaremos uns momentos inesquecibles gozando da beleza da natureza.

El tiempo en Outes
Jueves 16°
Viernes 13°
Sábado 14°
11°
Domingo 12°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com