Fábrica de Sel

Trátase dunha edificación que, como sucedeu con moitas outras en Galicia, viviu a transformación das súas orixes como fábrica de salgadura para posteriormente pasar a ser convertida en fábrica de conservas en 1894 polo cántabro D. Timoteo de Sel e a súa esposa Dna. Dolores Carranza e Cavieces, empresa que mantivo a súa actividade ata o ano 1976.

Situada á entrada do pleno centro urbano, á beira do mar, consta de catro grandes naves con tellado a dúas augas e amplos portóns, cun amplo espazo interior a modo de praza.

Adquirida polo Concello para destinarse a museo, sala de exposicións e centro de actividades náuticas e culturais, a súa rehabilitación foi unha das máis importantes realizadas en Muros nos últimos anos.

El tiempo en Muros
Sábado 18°
15°
Domingo 17°
15°
Lunes 17°
15°
Martes 18°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com