XXIV Congreso de Xornalismo Periodipesca en Muros

A cita comeza hoxe ás 8 da tarde aínda que todo o equipo que hai detrás deste congreso leva meses traballando para que sexa un éxito, e estamos seguros de que será así.

Preto de cen xornalistas españois e portugueses acudirán á cita que ademais lles permitirá descubrir, se é que non o fixeron antes, toda a riqueza cultural, gastronómica, natural do Concello de Muros e a hospitalidade dos muradáns.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vise, e a alcaldesa, María Xosé Alfonso Torres, inauguran este congreso hoxe no auditorio da Casa da Cultura.

Acompañará aos asistentes o grupo de baile Faltriqueira e tras a súa actuación impoñerase a banda á a madriña de Periodipesca 2016,  Romina Luces González, e presentarase a proxección do vídeo “Muros saído do mar”.

 

2 Congreso xornalismo Periodipesca A Ría da Estrela

O sábado ás 6 da tarde abrirá o acto a directora xeral de conservación da natureza, Ana María Díaz López, e a alcaldesa, María Xosé Alfonso Torres.

Completándose as actividades deste día cunhas xornadas técnicas de pesca e caza.

Os conferenciantes serán:

Lola Merino: A muller e a caza.

Sandra dá Fonte: Pesca marítima (campioa do mundo desde costa.)

Silvia Díaz Fernández:Presidenta de mozos cazadores.

Julen Rekondo Bravo:Lobo ibérico e agrogandería.

Concluirá este congreso o domingo ás 8 e media da tarde, tamén na Casa da Cultura, coa actuación especial do Orfeón Ría de Muros.

A presentación do libro: Don Quixote, gran madrugador e amigo da caza. E a

Actuación do grupo de baile Faltriqueira.

Desde A Ría da Estrela, bo congreso a tod@s!

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com