XVI Mostra de Curtas de Noia

Un certame audiovisual de referencia na comarca e dos máis importantes de Galicia que volve bater o seu récord de participación con 853 cintas das que xa se está ocupando o comité de selección.
Podemos dicir que estamos ante unha mostra internacional con traballos procedentes de Francia, Reino Unido, Alemaña, Irán, Malaisia, Brasil, Exipto…entre outros países.
A actriz Camila Bossa capitanea o comité coa difícil tarefa de escoller as cintas que se poderán visionar no coliseo Noela a partir do día 14 e que entrarán ao concurso no que hai nove mil euros en premios.
Desde A Ría dá Estrela, sorte a todos os participantes e tamén ao comité con esta difícil tarefa.

 

 

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com