X Feira do comercio en NOIA

Venres, sábado e domingo ou o que é o mesmo días 4, 5 e 6 de marzo, celébrase na Alameda de Noia a décima edición desta feira. Unha oportunidade estupenda na que participan unha vintena de tendas, para adquirir artigos de moda, complementos, deportivos ou infantís a prezos máis baixos do habitual. O que adoita dicirse “choios” con grandes descontos sobre o seu prezo inicial de tempada.
Desde A Ría da Estrela contámosvos os días, o lugar (unha carpa acondicionada por se a choiva decide asistir ao evento…), e agora contámosvos o horario: Mañá venres de 17 a 21.30 horas, sábado e domingo comezará ás 10.30 da mañá, pechando o sábado ás 21.30 h e o domingo ás 21.00.
Esquecíasenos! A entrada é gratuíta.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com