Puerto de Muros

A mediados do século XV, o rei de Castela, Juan II refírese a este porto como un dos máis grandes portos de Galicia, afirmando que xa está habilitado para importar e exportar. Desde entón a historia de Muros é a historia do seu porto. Batallas navais como na que Álvaro de Bazán derrotou os franceses, batallas económicas coa pesca da sardiña polo medio ou a época en que os protagonistas eran as salgaduras e as conservas… Como vemos sempre falamos do mar, o mar como medio de vida ou como medio de comunicación. En poucos lugares atoparemos unha conexión tan estreita.

De esplendorosas épocas pasadas conservamos aínda, e Deus queira que por moitos anos, un sector pesqueiro potente cun reflexo terrestre na grandiosa lonxa local; e nos últimos tempos obsérvase un crecente turismo náutico: iates ou veleiros doutros países amarran no porto de Muros como escala na súa navegación por esta esquina da península, que tamén é esquina de Europa. O porto énchese dun colorido especial e desprende unha vitalidade contaxiosa, convertendo a Muros nun destino turístico de enorme atractivo.

El tiempo en Muros
Miércoles 17°
11°
Jueves 13°
Viernes 12°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com