Ponte Traba

Noia é terra de pontes. A pluviosidade das montañas próximas provoca a existencia de varios ríos caudalosos que o home sentiu a necesidade de superar.

Entre a xigantesco nova ponte sobre a ría (da que falamos noutra entrada) e a pequena ponte colgante da central eléctrica do Tambre hai outros moitos exemplos dignos de visitar.

A primeira sería a Ponte Nafonso que, compartido con Outes forma parte do noso Top10, pero é imposible non destacar a fermosa ponte medieval de Traba, construída sobre o río do mesmo nome. Este río, unido ao Tállara, desemboca en pleno centro da vila, dando lugar á aparición de máis pontes, algunhas pequenas e peonís como a da rúa Pescadería, outras maiores capaces de absorber tráfico rodado, como a da rúa Ferreiro e a maior de todas, a ponte do Campo de Noia que pon límite ao centro urbano esta fermosa vila.

Foto: 2456 e adxunta provisional “ponte Traba”

El tiempo en Noia
Miércoles 18°
10°
Jueves 13°
Viernes 11°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com