Ría de Noia

Unha anhelada grande obra de enxeñería que por fin é unha realidade. Cun investimento de 43 millóns de euros, a ponte sobre a ría de Noia, de 1.700 m, converteuse na ponte de maior lonxitude de Galicia.

Desde xullo do 2014 une as zonas da Barquiña e Testal, evitando os atascos no centro da vila de Noia e permitindo un mellor acceso entre as diversas localidades, o cal beneficiará de forma notable tanto o turismo como o resto dos sectores económicos.

Noia é terra de pontes, pero esta ponte, aínda carecendo da historia doutras, está chamada a converterse nun símbolo para toda a comarca.

El tiempo en Noia
Sábado 20°
15°
Domingo 19°
15°
Lunes 19°
15°
Martes 21°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com