A Muralla

A Muralla, con 674 metros, é o segundo punto máis elevado da nosa ría; pero a súa situación xeográfica de interior parece desaconsellalo fronte a competidores como o monte Enxa de Porto do Son ou o Tremuzo de Lousame, situados a pouca distancia do mar. Craso erro, simplemente podemos concluír que A Muralla móstranos outros lugares diferentes, non menos fermosos: ademais da ría de Muros-Noia e da desembocadura do Tambre, ofrécenos unha espectacular vista da ría de Arousa e tamén unha grandiosa vista cara ás terras de Santiago, mesmo é posible gozar dos fogos artificiais do Apóstolo na praza do Obradoiro na noite do 24 de xullo. A potenciación en Lousame de rutas de sendeirismo contribuíron a redescubrilo nos últimos anos, sendo cada vez maior o número de persoas as que se animan a achegarse andando ata a súa cima.

El tiempo en Lousame
Jueves 13°
Viernes 11°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com