Un programa moi completo para o Mercado Mariñeiro de Muros

Desde A Ría da Estrela estamos encantados de poder informarvos de eventos como este: MERCADO MARIÑEIRO no Concello de Muros.

Do 8 ao 10 de Xullo a vila celebra durante 3 días este mercado típico cunha programación variada de actividades para público de todas as idades, con talleres infantís, espectáculos, actuacións musicais. Fagamos un pequeno repaso!

O Venres 8, de 12 a 2 da tarde inaugurarán o mercadillo dous talleres infantís. Sombras mariñeiras e móbiles mariños que entreterán aos máis pequenos da casa.

Actividades diversas durante a tarde finalizando a xornada ás sete e media cun espectáculo de animación infantil: “Abordaxe pirata”.

Os que só teñen ocasión de visitar Muros o fin de semana chegarán a tempo de ver, probar, escoitar…Artesanía, gastronomía, actuacións…O sábado a partir das 12 os talleres infantís e como a lectura, sempre é un bo plan, ás 7 e media da tarde a cita será co contacontos Pepiña Maruxiña.

Ás 9 da noite chega a quenda da música con DAVIDE SALVADO. Sensibilidade. Poida que sexa o que mellor define a leste “investigador” e apaixonado da música tradicional, dos que se empapan da cultura galega, traballador incansable que agradece cos seus discos a aprendizaxe adquirida de pandereteiras e bailaoras. Un concerto gratuíto para gozar dunha das voces máis carismáticas e recoñecidas do panorama musical galego. Na última edición dos Premios da Música Independente estivo nomeado en tres das súas categorías, entre elas, Mellor Álbum Galego.

Repítense as actividades infantís o domingo co mesmo horario e á 1 do mediodía concerto de “Falua”. A voz de Sara de Sousa e a guitarra de Gom Abadín, un dúo con versións de música galega e portuguesa.

Non faltará o humor coa Maxia de Xabi, un espectáculo para toda a familia no que este peculiar mago interactuará co público a partir das 7 e media da tarde.

O mes: xullo. Os días: 8, 9 e 10. O lugar: Muros.

Recomendámosvolo.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com