Mina de San Finx
btn_titulo_top10_lousame

1. Minas de San Finx

A recreación dun poboado mineiro, con espazos museísticos e un gran respecto polas historias persoais conforman un espazo único en Galicia que che permitirá viaxar no tempo a través da historia da minería, descubrindo todos os seus vaivéns, os seus contrastes, os seus períodos febrís e co denominador común do esforzo dunhas persoas por obter o valioso mineral desde as profundidades da terra. Sen dúbida, atopámonos ante un dos mellores produtos de turismo industrial de Galicia.

Más Información
Carballeira de San Lorenzo
btn_titulo_top10_lousame

2. San Lourenzo e O Confurco

Neste fermoso escenario podemos asistir a unha competición teatral inanimada. Árbores e rocas enfróntanse entre eles para conseguir as formas máis sorprendentes. As sobreiras retórcense ata extremos inimaxinables, dignas dunha película de Tim Burton, mentres que as grandes pezas graníticas, que parecen colocadas sobre a superficie do chan por un ser xigantesco, adquiren formas caprichosas entre as que resulta sinxelo imaxinar animais de todo tipo.

Más Información
Conjunto Histórico de Muros
btn_titulo_top10_muros

3. Muros Municipio de Interés Turístico

Atopámonos fronte a un dos mellores exemplos de vila mariñeira que podemos atopar en España. Unha poboación que se mostra como un balcón tendido ao mar, a súa auténtica razón de ser. Pasan anos e séculos, a relación de Muros co mar sofre variacións, pero permanece igual de firme. Isto reflíctese nunha peculiar arquitectura que nos leva desde as grandes construcións edificadas nos períodos de maior bonanza económica ata o tipismo sen igual das vivendas mariñeiras.

Más Información
Monte Louro
btn_titulo_top10_muros

4. Monte Louro

Atopámonos ante un espazo mítico: un monte, unha praia e unha lagoa que forman un dos escenarios máis máxicos de Galicia. Unha gran mole, con dobre cume, penetra no mar como unha sentinela; tras el, unha lagoa dá acubillo a animais migratorios e a unha curiosa flora endémica; a postal, das mellores da fermosa terra galega, complétase cunha praia, case un estreito istmo, de finísima area. A variable luz do sol fai o resto: o monte Louro é un refuxio para a imaxinación do home desde hai milenios.

Más Información
Conjunto Histórico de Noia
btn_titulo_top10_noia

5. Conxunto Histórico-Artístico

Atopámonos fronte a un dos mellores exemplos de vila mariñeira que podemos atopar en España. Unha poboación que se mostra como un balcón tendido ao mar, a súa auténtica razón de ser. Pasan anos e séculos, a relación de Muros co mar sofre variacións, pero permanece igual de firme. Isto reflíctese nunha peculiar arquitectura que nos leva desde as grandes construcións edificadas nos períodos de maior bonanza económica ata o tipismo sen igual das vivendas mariñeiras.

Más Información
Museo de Lápidas Gremiales
btn_titulo_top10_noia

6. Museo de laudas gremiais de Noia

No recinto da desacralizada igrexa de Santa María a Nova espéranos un museo dos máis singulares que vimos nunca. O museo das lápidas gremiais (“laudas gremiais”) de Noia móstranos numerosos exemplos desa arte funeraria, entre os que destacan as lápidas que recollían en forma pictórica a profesión do defunto. A beleza do recinto fai o resto para converter en ineludible esta visita.

Más Información
Castro de Baroña
btn_titulo_top10_portodoson

7. Castro de Baroña

Imos ter que acabar sospeitando que os nosos antepasados sempre tiveron unha notable atracción polas paisaxes, doutra forma non entenderiamos porque elixiron uns lugares tan fermosos para construír os seus poboados. O Castro de Baroña non é precisamente unha excepción, senón máis ben todo o contrario. A espectacular localización deste castro, nunha elevada península á beira dun grande areal, convérteo nun lugar único cheo de beleza e maxia.

Más Información
Playa de Porto do Son
btn_titulo_top10_portodoson

8. Praias Naturais

Porto do Son preséntase como favorito ao concurso de “concello galego con maior número de praias”. Trátase sen dúbida do concello galego situado máis ao norte dos que poden centrar o seu turismo estival nos areais. Como se pode esperar, da cantidade sae a calidade, e en Porto do Son poderás atopar exactamente o tipo de praia que responda aos teus desexos. Gózaas!

Más Información
sancosmeiros
btn_titulo_top10_serradeoutes

9. Sancosmeiros

Un lugar destacado na artesanía desta zona corresponde á cestería e, especialmente, ós chapeus de palla coñecidos como sancosmeiros, aínda que tradicionalmente son feitos na parroquia de Santo Ourente. Este ofici, basado na técnica que empregaban as mulleres ó trenzarse o cabelo, permitiu que, ademais de chapeus, puidesen fabricarse cestas, bolsas e moitos máis obxectos que se atopan actualmente en museos.

Más Información
Ponte Nafonso
btn_titulo_top10_serradeoutes

10. Pontenafonso

Hai construcións humanas que poden competir en harmonía coas mellores obras da natureza. A Pontenafoso podería ser un exemplo que, ademais de beleza intemporal, conta cun gran sentido práctico. Pero á natureza nunca a podemos botar de lado, neste caso esta gran ponte medieval atópase situada nun escenario de gran valor paisaxístico, o que aumenta o seu atractivo e anímanos a percorrela nun paseo apracible.

Más Información

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com