Teatro en Muros

Sábado 20, cita co teatro en Muros. Os encargados son os actores de “Talía Teatro” unha compañía creada no ano 1988, consolidada, máis que recoñécida e cunha extensa lista de éxitos.
No Centro Cultural e Xuvenil de Muros representarán a obra “DEMOLICIÓN”.
Trátase dun “comidrama” cheo de humor e emoción, escrito e dirixido por Cándido Pazó, interpretada polos actores Toño Casal e Artur Trillo.
Estamos seguros de que será un éxito!

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com