Segunda Gala Contra o Cancro en Porto do Son

Unha extraordinaria iniciativa que para os que aínda non o sabedes, contámosvos desde A Ría da Estrela.
O sábado 26 de decembro desde as 5 da tarde na Casa de Cultura de Xuño celebrarase a 2ª Gala Contra o Cancro. Haberá globoflexia e animación para os nenos, sorteos e sorpresas, actuacións musicais, de danza…entretemento e diversión para unha tarde solidaria na que todo o recadado nas consumicións e os sorteos, doarase a PROXECTO PRECIPITA, de investigación e loita contra o cancro.
Organiza este acto a Comunidade de Montes de Xuño e colaboran S.D. Xuño, ANPA As Furnas, Concello de Porto do Son, a Asociación de Veciños Sartaxas e a Asociación Musical Francisco Olveira Santos.
Felicitamos aos promotores e colaboradores desta iniciativa e animámosvos a asistir, gozar e colaborar nesta boa causa.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com