bg_riademuros_saber

“Saber” é o apartado dedicado ao coñecemento: a como facer as cousas. Falamos do puxante turismo industrial, que resulta especialmente atractivo se ademais de amosar un “como” é tamén capaz de contar unha historia.

O museo mineiro de San Finx (Lousame) é un dos mellores produtos de turismo industrial de Galicia, e a súa historia, sobre todo a relativa á febre do volframio, é capaz de suscitar o interese de todos os visitantes.

Ese mesmo interese mostrarano cando coñezan en Muros como se realizan os labores de marisqueo, ou cando nesta mesma localidade visiten o muíño de mareas Muíño Cachón.

O Museo do Mar de Noia deixaranos pampos ao ser capaz de concentrar nun pequeno espazo o que en mil vidas non poderiamos contar. O Museo Marea de Porto do Son fálanos do mar desde o punto de vista máis humano.

Na central hidroeléctrica do Tambre coñeceremos esa produción de enerxía.

En Esteiro (Muros) unha conserveira do grupo Calvo realiza un traballo tradicional cos extraordinarios produtos do noso mar, mentres a pouca distancia outra empresa dá os seus primeiros pasos coa nova produción de Orella de Mar. Coñecemento e entretemento é o que propoñemos.

btn_titulo_noia

Central Hidroeléctrica do Tambre

Deseñada en 1924 polo prestixioso arquitecto Antonio Palacios, máximo expoñente do modernismo en Galicia, para albergar a instalación dunha central hidroeléctrica, contamos cun magnífico […]

Más Información
btn_titulo_muros

Muíño Cachón

Na nosa visita a Muros recíbenos o muíño de marea do Pozo Chacón, na mesma entrada da vila. Trátase dun fermoso edificio do primeiro terzo do século XIX construído nas propias augas […]

Más Información
btn_titulo_noia

Museo do Mar

O que polo seu exterior parece un pequeno museo é en realidade un extraordinario conxunto mariño e mariñeiro dunha riqueza e un valor incalculables. A súa actividade incansable […]

Más Información
btn_titulo_portodoson

Museo Marea

O museo Marea de Porto do Son podería ser unha nova versión, máis moderna, dalgún dos museos dedicados ao mar que atopamos en varias localidades galegas; pero o Museo Marea ten […]

Más Información
btn_titulo_muros

Museo Sel

Trátase dunha edificación que, como sucedeu con moitas outras en Galicia, viviu a transformación das súas orixes como fábrica de salgadura para posteriormente pasar a ser convertida en fábrica […]

Más Información
btn_titulo_muros

Conserveira de Esteiro

O Grupo Calvo é unha empresa de alimentación que, desde a súa sede central en Carballo, realizou unha grande expansión internacional, converténdose nun grupo de referencia do sector alimentario español […]

Más Información
btn_titulo_muros

Orella de Mar

Á entrada de Muros, concretamente na parroquia de Tal, atopámonos cunha gran aposta de futuro: Galician Marine Aquaculture conta cunhas grandes instalacións dedicadas á produción de […]

Más Información
btn_titulo_lousame

Petroglifos

Un clima suave e elevacións do terreo cerca dunha bela zona costeira parece ser o caldo de cultivo ideal para que os nosos antepasados prehistóricos disen renda solta á súa creatividade […]

Más Información
btn_titulo_lousame

Minas de San Finx

As minas de San Finx son unha oportunidade extraordinaria de viaxar no tempo e na memoria dun pobo, o de Lousame, cuxa historia está estreitamente vinculada á minería […]

Más Información
btn_titulo_portodoson

Castro de Baroña

Imos ter que acabar sospeitando que os nosos antepasados sempre tiveron unha notable atracción polas paisaxes, doutra forma non entenderiamos porque elixiron uns lugares tan fermosos para construír […]

Más Información

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com