Petroglifos

Un clima suave e elevacións do terreo preto dunha bela zona costeira parece ser o caldo de cultivo ideal para que os nosos antepasados prehistóricos desen renda solta á súa creatividade artística. Os petróglifos son uns gravados rupestres tallados en rocas graníticas da época do calcolítico, que podemos atopar en varias zonas da nosa comarca.

En Louro (Muros) o conxunto petróglifo de Laxe das Rodas está formado por un grupo de dez figuras que poden representar un calendario, mentres que os gravados que se sitúan na Cova da Bruxa reproducen unha combinación de animais con figuras humanas.

Na parroquia de Lesende (Lousame) atopamos gravados maioritariamente con formas xeométricas, nos que se distinguen sobre todo cadrados e formas circulares. Con todo, os máis representativos son un con forma de cruz e outro con forma de serpe que pode representar un ídolo.

Na Braña das Pozas de Porto do Son, atopamos once gravados aliñados ao longo de toda a lonxitude da roca. Son todos eles unhas representacións de animais, entre as que destaca a figura dun cervo cuxa cornamenta se impón sobre o resto das outras figuras.

El tiempo en Lousame
Sábado 20°
15°
Domingo 19°
14°
Lunes 19°
15°
Martes 20°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com