Museo do Mar de Noia

O que polo seu exterior parece un pequeno museo é en realidade un extraordinario conxunto mariño e mariñeiro dunha riqueza e un valor incalculables. A súa actividade incansable (reunións, charlas, visitas…), o seu traballo constante pola cultura e o patrimonio mariñeiro e todo o que pode ver o visitante, faio merecedor do interese de turistas de todo o territorio nacional e do estranxeiro.

Fotografías e aparellos antigos, maquetas, mandíbulas de quenlla, mascaróns de proa, motores patentados, deseñados e construídos na vila, unha biblioteca náutica, pezas e fósiles únicos no mundo… Sen esquecer a enorme dedicación das persoas que o manteñen vivo desde a súa apertura en maio de 2011. Proba diso é que en agosto de 2015 recibiron máis de 6.000 visitas. Non podes perder unha visita que che mostrará o que é capaz de facer o ser humano cando pon auténtico agarimo no seu traballo.

El tiempo en Noia
Sábado 20°
15°
Domingo 19°
15°
Lunes 19°
15°
Martes 21°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com