Museo da Marea

O museo Marea de Porto do Son podería ser unha nova versión, máis moderna, dalgún dos museos dedicados ao mar que atopamos en varias localidades galegas; pero o Museo Marea ten unha peculiaridade: está moi centrado nas persoas.

Recolle os oficios dos que habitaron e habitan Porto do Son e outras localidades da ría. Mostra testemuños orais desas persoas, ademais de numerosas pezas empregadas en oficios representativos como o das redeiras, o funcionamento das bateas, a salgadura ou a industria conserveira. O museo Marea preséntanos tanto a loita do día a día como a inesquecible loita contra as verteduras petrolíferas.

Resumindo: este museo rende homenaxe á súa poboación e ao seu pobo, ademais de conservar a súa memoria histórica.

El tiempo en Porto do Son
Miércoles 17°
11°
Jueves 13°
Viernes 12°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com