Muíño de Mareas

Na nosa visita a Muros recíbenos o muíño de marea do Pozo Chacón, na mesma entrada da vila.

Trátase dun fermoso edificio do primeiro terzo do século XIX construído nas propias augas da ría para aproveitar con intelixencia a enerxía dos fluxos das mareas para moer o gran.

Ademais da grande importancia económica que tivo no seu momento, este edifico destaca pola súa monumentalidade. Non hai moitos exemplos de edificios destas características en España e   este é un dos de maiores dimensións e dos mellor conservados.

O Muíño Cachón está formado por unha única planta rectangular de ampla lonxitude e na que se observa a diferenciación entre a zona dedicada a muíño e a que facía as funcións de almacén.

A comezos do século XX, este fermoso lugar desenvolveu outro tipo de actividades, os baños de Santa Rita consistían nun tratamento sanitario baseado nuns baños realizados con auga mariña a media temperatura, un tratamento no que as algas tamén tiñan unha participación importante.

Correctamente rehabilitado, actualmente acolle un interesante museo etnográfico e unha zona expositiva empregada para explicar como funcionaba o muíño e a importancia económica e social que tivo para os habitantes da comarca.

El tiempo en Muros
Sábado 18°
15°
Domingo 17°
15°
Lunes 17°
15°
Martes 18°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com