Central Hidroeléctrica

Deseñada en 1924 polo prestixioso arquitecto Antonio Palacios, máximo expoñente do modernismo en Galicia, para albergar a instalación dunha central hidroeléctrica, contamos cun magnífico conxunto de edificios que se sitúan sobre a beira do Río Tambre, nun escenario de gran beleza paisaxística.

Na antiga Pesqueira do Tambre, que antes servía de aloxamento para os empregados da empresa, atopamos hoxe un hotel de natureza, mentres que o edificio coñecido como “A casa dos Frades” está acondicionado para celebrar diferentes eventos.

Un frondoso bosque de carballos, loureiros ou salgueiros anímanos a gozar dunha zona magnífica para comidas campestres, ademais de ser un punto inicial para rutas de sendeirismo. Conta cunha rechamante ponte colgante desde a que contemplamos antigas pesqueiras e tamén nace alí un percorrido sobre a devesa do Nimo á beira do río Tambre.

El tiempo en Noia
Sábado 20°
15°
Domingo 19°
15°
Lunes 19°
15°
Martes 21°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com