A mellor forma de coñecer un territorio é a pé. Se chegaches ata aquí andando tras percorrer o Camiño, non necesitamos convencerte. Se o fixeches en coche ou por outros medios: anímate. Percorre unha comarca privilexiada. Goza das vistas da nosa ría desde as altitudes que a protexen. Estira a vista. Ata onde alcanza? Cantas rías podes ver? Recoñécelas todas?

Tamén podes penetrar en territorios de interior. Sorprenderte cunha vexetación que temos que cualificar de explosiva: incribles fentos de grandes dimensións, brión perenne de variadas tonalidades, anciás árbores autóctonas? Descobre fervenzas, pontes históricas ou ruínas de épocas pasadas.

Os nosos cinco concellos vanche ofrecer unhas rutas fermosas, aptas para todas as idades e para todo tipo de condición física.

Pégate á terra e goza da beleza paso a paso.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com