TITLE

DESCRIPTION

Regatistas, organización e prensa internacional saborean a riqueza gastronómica da Ría da Estrela

Gran degustación de mexillón da Ría de Muros-Noia no village da Solitaire Urgo Le Figaro.

Degustación mejillón (medios)
Xornada de descanso con ampla actividade nos pantaláns preparando os veleiros para a próxima etapa.

 

O village da regata A Solitaire Urgo Le Figaro, situado nas instalacións do Real Club Náutico Portosín, converteuse esta tarde en epicentro gastronómico da Ría de Muros-Noia onde os cinco concellos da ARD (Asociación Rural de Desenvolvemento) organizaron unha degustación de mexillón.
Cultivado na Ría da Estrela e cunha calidade suprema.
cof

cof

Regatistas, prensa internacional e organización encomiaron o seu exquisito sabor e textura, sendo un gran descubrimento gastronómico. Este xoves foi unha xornada dedicada ao descanso e á posta a piques dos veleiros, con ampla actividade nos pantaláns, preparándose para a próxima saída de etapa, na que a terceira singradura levará á frota da mítica regata desde a Ría de Muros-Noia ata Saint Gilles Croix de Vie, poboación situada na rexión dos Países do Loira franceses.

cof

A ARD Muros-Noia (Lousame, Noia, Outes, Muros e Porto do Son) prepara para este venres dous actos principais cos regatistas da regata. Ás 11 da mañá un autobús trasladaraos ata a capital galega, visitando Santiago Compostela cunha foto oficial diante da Catedral.

A segunda acción producirase a última hora da tarde, sendo as instalacións do Real Club Náutico escenario da entrega de premios da segunda etapa da que a Ría de Muros-Noia foi o seu destino, coa presenza confirmada dos Alcaldes e Alcaldesas dos cinco concellos, así como da Conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.
A Ría da Estrela (medios)
Regatistas, prensa, organización e acompañantes están permanentemente informados sobre a contorna da xeografía da Ría dá Estrela grazas ao posto de información montando na carpa principal pola ARD.
  • Copiar

 

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com