Regata en Portosín

Competir nunha regata sen dúbida ten que ser unha experiencia fantástica, a combinación de deporte e mar é difícil de mellorar, pero de momento ímonos a quedar en espectadores. Moito máis seguro!

Este fin de semana celébrase a XV Regata clasificatoria trofeo Berberecho, organizada polo Real Club Náutico de Portosín, pon fin á tempada Optimist e traerá ás augas de Portosín a cento cincuenta barcos con nenos de 8 a 15 anos.

A cita é valedoira para o ránking galego da clase Optimist, clase internacional de embarcación de vela lixeira recoñecida pola Federación Internacional de Vela , e decidirase en augas da Ría de Muros Noia as prazas para a selección galega que nos representará na próxima Copa de España en Barcelona.

Desde A Ría da Estrela, sorte a todos os participantes!

regata Real Club Náutico Portosín 2

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com