Programación cultural Noia

Un mes de xaneiro con TEATRO, CINE e a EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA de Suso Montero “Supervivientes” na Casa da Cultura A. Avilés de Taramancos do día 15 ao 29.
Este sábado no Teatro “Coliseo Noela” a compañía Teatro do Morcego representará a obra “Presidente” e o domingo 31 unha nova cita coa comedia cos actores Federico Pérez e Xosé A. Touriñán, man a man en “Curtis & Teixeiro” (investigadores privados).
Cine para un público familiar o domingo 24 coa película “O noso último verán en Escocia”, tamén no Teatro “Coliseo Noela”.
A venda de entradas para estes espectáculos en www.coliseonoela.com

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com