Programación cultural Noia. Febreiro 2016

Mostrámosvos en A Ría da Estrela o cartel con programación cultural que preparou o Concello de Noia a partir do día 20.
Teatro, literatura e cinema. Interesante verdade? Fagamos un breve resumo para que apuntedes na vosa axenda:
Sábado 20 e domingo 21 no Teatro Coliseo Noela Carlos Branco Ao Vivo.
O mércores 24 na Biblioteca Municipal podedes asistir a lecturas de textos de Rosalía de Castro (cúmprense 179 anos do seu nacemento).
A presentación do libro “Seique” de Susana Sánchez Aríns, organizada por Através Editora, será o venres 26 en Casa da Cultura.
A quenda para o cinema infantil chega o domingo 28 de febreiro ás 6 e media da tarde no Teatro Coliseo Noela coa película “A Casa Máxica”

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com