TITLE

DESCRIPTION

PROGRAMA Vive AZUL de PORTOSÍN

O primeiro fin de semana de setembro Portosín prepárase para uns días de festa: conferencias na Casa do Pescador, Showcooking de cociñeiros de recoñecido prestixio na carpa “Vive Azul de Portosín”, postos de gastronomía e artesanía, degustacións, menús co Azul de Portosín nos restaurantes, actividades para nenos, travesías no Joaquín Vieta, visitas guiadas a un barco do cerco, actuacións musicais a cargo de Bmt Suevia, Monoulious DOP e A banda de Balbina……
Un gran número de actividades que xiran todas en torno ao peixe azul. Achegamos a PROGRAMACIÓN completa:

 

Programa “VIVE AZUL DE PORTOSÍN 2017”

 

Sábado, 2 de setembro.

11:00 h. – Apertura da carpa “Vive Azul de Portosín” ó público:

– Postos de gastronomía e artesanía.

– Inscricións para as diferentes actividades do fin de semana: showcookings, pezquechef, visitas a un barco de cerco e travesías a bordo do Joaquín Vieta. Posto de información situado na entrada da Casa do Pescador.

11:30 h. – Poñencia: “Porto de Portosín. A súa importancia socioeconómica” a cargo de ARGIMIRO BLANCO MALVÁREZ e JOSÉ BLANCO AGRASO. Salón de actos da Casa do Pescador.

12:00 h. – Travesía pola Ría a bordo do balandro Joaquín Vieta (necesaria inscrición previa, aforo limitado). Saída dende o peirao de Portosín.

12:30 h. – Actividades para nenos/as a cargo da Asociación socio-educativa “O Parque”: estampado de mandís e gorros de cociña. Diante da Escola Infantil “O Parque”.

13:00 h. – Inauguración institucional da II Edición “Vive Azul de Portosín”.

13:30 h. – Showcooking a cargo do cociñeiro YAYO DAPORTA (necesaria inscrición previa, aforo limitado). Sala de catas da carpa “Vive Azul de Portosín”.

16:30 h. – Travesía pola Ría a bordo do balandro Joaquín Vieta (necesaria inscrición previa, aforo limitado). Saída dende o peirao de Portosín.

19:00 h. – Travesía pola Ría a bordo do balandro Joaquín Vieta (necesaria inscrición previa, aforo limitado). Saída dende o peirao de Portosín.

20:00 h. – Activade infantil “Pezquechef Azul” a cargo de PALOMA PINTOS, gañadora de MásterChef Junior (necesaria inscrición previa, aforo limitado). Sala de catas da carpa “Vive Azul de Portosín”.

22:30 h. – Concertos das bandas “SUEVIA” e “A BANDA DA BALBINA”. Praza do Curro.

 

Domingo, 3 de setembro.

11:00 h. – Apertura da carpa “Vive Azul de Portosín” ó público:

– Postos de gastronomía e artesanía.

– Inscricións para as diferentes actividades do domingo: showcookings e visitas a un barco de cerco. Posto de información situado na entrada da Casa do Pescador.

11:30 h. – Poñencia: “Saúde, azul!” a cargo de ROSAURA LEIS, Coordinadora da Unidade de Gastroenteroloxía e Nutrición Pediátrica do Hospital Clínico de Santiago e Vicepresidenta da Fundación Dieta Atlántica. Salón de actos da Casa do Pescador.

12:30 h. – Actividades para nenos/as a cargo da Asociación socio-educativa “O Parque”: “na procura da sardiña dourada”. Diante da Escola Infantil “O Parque”.

13:00 h. – Showcooking a cargo do cociñeiro FRAN SOTELINO (necesaria inscrición previa, aforo limitado). Sala de catas da carpa “Vive Azul de Portosín”.

18:00 h. – Actividade infantil a cargo de Mundo Troll: obradoiro de manualidades mariñeiro. Parque de Portosín.

20:00 h. – Teatro infantil “O VENDEDOR DE FUME”. Praza do Curro.

21:00 h. – Concerto de “MONOULIOUS DOP”. Praza do Curro.

De xeito permanente, ó longo das dúas xornadas, estará amarrado no porto un barco do cerco que poderá ser visitado de xeito guiado: “O cerco de cerca”. Co fin de organizar as visitas é necesaria inscrición previa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com