Primeira visita 2016 Minas de San Finx

A primeira visita do ano ás Minas de San Finx no Concello de Lousame tivo lugar o primeiro día do ano. A familia de Graciela Ochoa Chisca escolleu o 1 de xaneiro para esta xuntanza á que acudiron familares tanto de Arxentina como de Galicia, residentes en Silvarredonda. Unha visita na que puideron coñecer unhas minas nas que traballaron moitos dos seus familiares.
Estamos seguros de que esta é a primeira visita das moitísimas que ao longo deste ano terán as Minas de San Finx. Desde A Ría da Estrela recomendámosvolo.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com