Presentación sectorial en Porto do Son

O magnífico edificio do Centro de Interpretacións do Castro de Baroña (Porto do Son), acolleu a última das sesións informativas a hostaleiros e empresas relacionadas co turismo da nosa ría, en colaboración coa Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia.

Do mesmo xeito que nas reunións anteriores, o obxectivo:

*Presentar a imaxe de marca do noso Xeodestino “A Ría da Estrela”.

*Presentar a Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia

*Coñecer a estratexia de futuro para o sector e para O Camiño.

 

2 Presentación sectorial en Porto do Son A Ría da Estrela

Nesta última presentación, contamos coa presenza de José Luis Oujo, Alcalde de Porto do Son, Sol Agras, en representación da Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia e Francisco Lema, como representante de Amigos do Camiño Inglés Ría de Muros-Noia

 

3 Presentación sectorial en Porto do Son A Ría da Estrela

Non queremos deixar pasar a ocasión lembrarvos que na conta de correo turismo@ariadaestrela.com, pódese solicitar máis información, enviarnos fotografías, datos, consellos…que sirvan para impulsar este proxecto.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com