Presentación en Noia

O pasado luns as instalacións do GAC de Noia enchéronse por completo para asistir á presentación do noso Xeodestino.
Unha reunión informativa, en colaboración coa Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia e a Asociación Noia Histórica, na que achegamos e explicamos o noso proxecto ao sector hostaleiro e ao resto de empresas relacionadas co turismo.
Unha vez máis puidemos comprobar de bo grado a boa acollida que tivo A Ría da Estrela entre os asistentes.
Na fotografía podemos ver a Don Santiago Freire Abeijón, Alcalde do Concello de Noia foi un dos relatores da xornada.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com