Peregrinación Santiago de Compostela

O mellor exemplo de que se fai camiño ao andar é este: CAMIÑA CONNOSCO, peregrina a Santiago cos amigos do Camiño Inglés Ría de Muros Noia. Unha peregrinación en 5 etapas que nos achegará en todos os sentidos a Compostela.

Sen dúbida una das mellores experiencias que podemos vivir e desde A Ría da Estrela animámosvos a que non deixedes pasar a ocasión.

Peregrinación Santiago Compostela A Ría da Estrela 1

O 18 de xuño saída  da Praza do Concello de Muros ás 8.30 h.

O domingo 19 saída desde Porto do Son (Capela da Atalaia ás 8.30 h.) e desde Outes á mesma hora (desde Igrexa do Freixo)

Desde Noia o 2 de xullo ás 8.30 da mañá na Praza do Tapal e o domingo 3 saída desde Igrexa de Urdilde en Rois ás 8.00 h.

Bo camiño a tod@s.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com