TITLE

DESCRIPTION

Os obradoiros de Primavera para restaurantes esgotan as súas prazas

Os Obradoiros de Primavera para restaurantes, cos que a nosa ARD Ría de Muros Noia pretende converternos nun destino máis acolledor, están a resultar un éxito de participación. Cubríronse todas as prazas ofertadas, o que sen dúbida representa unha mostra do interese do sector por mellorar o nivel de servizo.
IMG_20180312_181256
Os Obradoiros están centrados en tres actividades diferentes:
  • “Obradoiro do viño”, impartido por Pedro T. Sestayo, profesor da Consellería de Educación e mellor bartender de Galicia no ano 2014. Neste taller os asistentes en primeiro lugar aprenderán a identificar diversos tipos de viños e posteriormente recibirán explicacións técnicas sobre a preparación de bebidas quentes e combinadas, montaxe de mesas e protocolo. As próximas datas serán o 21, 22 e 23 de marzo.
  • “Obradoiro de comunicación efectiva en inglés”. Paula Fraga, profesora de Octopus to the party axudará a adquirir un vocabulario gastronómico e a manexar un manual para ofrecer un servizo en inglés de calidade. As seguintes sesións serán o 20, 21 e 22 de marzo.
  • “Obradoiro de técnicas de cociña”. Miguel Mosteiro, xefe de cociña de IN9 e docente en multitude de obradoiros, centrarase nas técnicas de limpeza de peixes e mariscos, así como en técnicas de afumado en frío e quente. A súa última sesión será o mércores 23 de marzo.

 

  • Mellorar a calidade de servizo debe ser un obxectivo principal para un destino turístico, xa que inflúe de maneira directa sobre a apreciación dos visitantes. De aí a aposta da ARD por uns talleres tan específicos e que nos comprace ver que alcanzaron un resultado tan gratificante. Esta é a liña para seguir para reafirmar o noso territorio.
Páginas desdeard obradoiros Páginas desdeard obradoiros-2 Páginas desdeard obradoiros-3

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com