Mercado de Noia

Situada no dique de Cadalso, a pintoresca Praza de Abastos de Noia (tamén coñecida por Praza do Peixe), reúne os mellores produtos da zona nunhas perfectas condicións de hixiene e de comodidade, pero mantendo o carácter de mercado tradicional.

Estes recintos das poboacións mariñeiras están dotados dun encanto especial, e o de Noia non é unha excepción, por iso é frecuente a convivencia entre os veciños, dedicados a adquirir os alimentos que han de cociñar ese día nas súas casas, con turistas ávidos de fotografar a beleza costumista do lugar.

El tiempo en Noia
Miércoles 18°
10°
Jueves 13°
Viernes 11°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com