Lonja Mercado Abastos Muros

Nun pobo cunha tradición mariñeira tan arraigada non podía faltar a lonxa. Cunha frenética actividade, a lonxa de Muros alóxase nun edificio situado ao final do porto xunto a outros almacéns de usos diversos.

Cunha fábrica de xeo, zona de poxa e pesada, a ela chegan diariamente as capturas de gran número de barcos que atrancan no porto. Ver a riqueza de peixes e mariscos que poden chegar a poxarse nunha soa xornada é todo un espectáculo, ademais dunha mostra da riqueza das nosas augas.

Polo mercado de abastos pasan nunha segunda fase unha parte de todos eses froitos obtidos do mar e poxados na lonxa. Como bo mercado de abastos dun pobo mariñeiro, reborda vida e bulicio, pero nesta ocasión estamos obrigados a prestar atención ao excepcional edificio de catro alturas que o alberga e á non menos excepcional escaleira exterior de dobre tramo con soberbia balaustrada de cantería. Un exemplo máis desa arquitectura harmónica que tanto embelece este concello.

El tiempo en Muros
Miércoles 17°
11°
Jueves 13°
Viernes 12°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com