Illa da Creba

Entre os concellos de Outes e Muros vixíanos unha misteriosa illa á que é complicado achegarse. Di a lenda que foi habitual refuxio de piratas, que a empregaban para parapetarse e desde alí axexar as súas futuras vítimas, os mercantes que saían e entraban nos portos.

Non sabemos ben que hai de lenda e que hai de realidade, pero a illa segue envolta nun halo de atractivo misterio. Trátase dunha illa de pequeno tamaño, unhas sete hectáreas, de forma redonda, moi frondosa, con variadas especies arbóreas e cunha gran casa edificada sobre os restos da ermida de Nosa Señora da Creba, que foi obxecto de veneración na Idade Media.

El tiempo en Outes
Sábado 19°
15°
Domingo 19°
14°
Lunes 18°
15°
Martes 20°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com