Carrilanas de Esteiro

Trátase dunha das festas estivais máis espectaculares e coñecidas da vila e que ten, sen dúbida, un auténtico carácter de competición. O Gran Prix de Carrilanas de Esteiro (Muros) que se celebra o terceiro fin de semana do mes de xullo, congrega pola súa singularidade a miles de persoas provenientes mesmo do estranxeiro.

Os participantes realizan un descenso vertixinoso (chegan a alcanzar os 60 km/h) pola estrada do Maio de case tres quilómetros de lonxitude e o singular é que o fan en vehículos sen motor, artesanais e personalizados, “feitos na casa”.

O que na súa orixe era a diversión dos nenos que se tiraban sobre unha táboa desde o alto da estrada vai camiño da súa vixésimo novena edición en 2016 e convértese nunha cita obrigada para o visitante.

El tiempo en Muros
Sábado 18°
15°
Domingo 17°
15°
Lunes 17°
15°
Martes 18°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com