Balandro Joaquín Vieta

Trátase do veleiro máis antigo de Galicia, construído entre 1915 e 1916 nunha das históricas carpinterías de ribeira do Freixo (Outes) por encargo de Joaquín Vieta Ros. Iso permitiu que este veleiro navegase durante períodos históricos tan intensos como a Guerra Civil, a Gran Guerra Europea ou a II Guerra Mundial, desempeñando servizos tan variados como o de ser barco mercante ou mesmo buque escola.

En 2007, tras múltiples avatares, estaba destinado a ser convertido en leña, pero un grupo de entusiastas apostou por recuperar este gran símbolo da cultura mariñeira. Actualmente, esta xoia náutica histórica, perfectamente rehabilitada en 2010, goza agora dunha merecida xubilación e é empregada como buque de recreo para realizar tranquilos paseos, permitindo que quen desexe “enrolarse” como parte da súa curtida mariñeiría poida coñecer os segredos da navegación a vela e descubrir as paraxes máis belas da ría de Muros-Noia. Unha experiencia extraordinaria da que proporcionan máis información no teléfono 981 821 087 e en www.joaquinvieta.com.

El tiempo en Outes
Miércoles 18°
10°
Jueves 12°
Viernes 11°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com