TITLE

DESCRIPTION

Obradoiros de primavera para restaurantes

A ARD continúa promovendo actividades e proxectos para que noso xeodestino Ría de Muros Noia, A Ría da Estrela, desenvólvase de forma eficaz e sustentable. O mercado turístico aumenta a súa competitividade a cada campaña, é preciso estar afinados para ofrecer un produto de calidade. Neste sentido debemos interpretar estes Obradoiros de Primavera. Así nolos presenta a presidenta do a ARD, Mª Teresa Villaverde Pais.

Dende a ARD Ría de Muros-Noia seguimos traballando na mellora do noso Xeodestino.

Nesta quenda, anímovos a asistir aos obradoiros que se van desenvolver na Ría de Muros-Noia co fin de satisfacer as necesidades que os axentes locais estableceron para o sector da hostalería e da restauración de cara á tempada de verán.

Nestes obradoiros traballaremos o produto gastronómico, que é o noso mellor embaixador, pero sen esquecer o servizo e intentando achegarse ao visitante internacional con técnicas de comunicación que fagan un destino máis acolledor se cabe.

Dende aquí anímovos a participar, descubrir e colaborar entre vós nestes obradoiros que desexamos sexan do voso agrado.

Mª Teresa Villaverde Pais. Presidenta da ARD Ría de Muros Noia

IMPORTANTE:  Admisión por estrito orde de inscrición.

Enviar folla de inscrición a: administracion@riademurosnoia.com

A continuación mostramos os distintos obradorios coas súas características e horarios.

Páginas desdeard obradoiros

Páginas desdeard obradoiros-2

Páginas desdeard obradoiros-3

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com