Mercado Mariñeiro en Muros

Presentámosvos a continuación un bo plan para os días 8, 9 e 10 de xullo: Mercado Mariñeiro #murosmiraaomar

Organizado polo Concello de Muros dentro das Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”.

Un mercado cheo de vida que ocupará o casco monumental histórico da vila e no que ademais de poder adquirir produtos típicos e singulares, poderanse degustar verdadeiras exquisiteces da zona.

Non faltará a artesanía, a arte, o deseño…Para non perderllo!

Na Ría da Estrela encántanos contarvos estas noticias tan estupendas.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com