I Dúatlon Eleuterio Balayo en Muros

Sempre é unha boa noticia contar que se pon en marcha unha competición deportiva. Neste caso o I Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros. Celébrase hoxe sábado e a hora prevista de saída é ás 5 da tarde.

Desde A Ría da Estrela estamos seguros de que será un éxito e se o tempo acompaña, iso esperamos, terá unha gran afluencia de público.

Os participantes (non máis de 250) iniciarán a competición con 5 quilómetros a pé, seguirán con 20 quilómetros en bicicleta ata Louro e finalizarán de novo en carreira con 2,5 quilómetros.

Unha parte rápida, pero moi emocionante será a de transición (cambiar á bici), que se situará á altura da Casa do Mar.

Sorte a todos os participantes e parabén aos promotores desta competición.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com