Festival Outes vai de curtas

O cinema sempre é unha boa opción e desde A Ría da Estrela comprobaredes que cada vez que teñamos ocasión, suxerirémosvolo.
Este fin de semana é “perfecto” para gozar da sétima arte. Onde? Na Casa da Cultura de Outes coa terceira edición do seu festival.
É magnífico que o Concello de Outes forme parte do circuíto CORTOESPAÑA. Permítenos, ademais de gozar do cinema, descubrir “pequenas” películas, novos talentos, tanto na dirección como na interpretación, ou actores veteranos. É un luxo por exemplo, ver diante da cámara á extraordinaria Chus Lampreave, ao polifacético Eduard Punset, á televisiva Macarena Gómez…
Títulos suxestivos, inquietantes, argumentos enxeñosos… Sorpresas como Alex de la Iglesia e Pepón Nieto baixo a dirección do máis que coñecido Hugo Silva.
Isto é un pequeñísimo adianto do que poderedes ver este fin de semana. Apuntar a cita!
Sábado e domingo (12 e 13 de marzo), ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Outes (entrada gratuíta ata completar aforamento). Mostrámosvos a continuación o programa coa información: títulos, duración dos curtos, director, intérpretes e sinopses.
Non volo perdades!
Programa_man_curtas.jpg

 

Curtametraxe gañadora en 2015: “Óscar desafinado”, de Mikel Alvariño

Óscar Desafinado ganador Outes vai de curtas 2015

 

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com