Festival de Entroido en Lousame

A cita co Entroido en Lousame é este sábado, 6 de Febreiro no Polideportivo Municipal “Pilar Barreiro Senra”- A Silva. Desde as 5 da tarde un festival cheo de diversión e de premios. Desde A Ría da Estrela adiantámosvos algunhas cousas.
Desfile de disfraces con catro categorías distintas segundo a idade, con agasallos para todos os nenos e nenas que acudan disfrazados. Pero hai máis!!
Unha degustación gratuíta de orellas e freixós, chocolatada, talleres e xogos, sesión disco para pequenos…Contámosvos algúns dos agasallos que se van a sortear!!
Xoguetes, reprodutores de MP4, lector de libros-ebook, pulseiras fitnes, material deportivo…
Organiza este Festival a Concellería de Cultura e Xuventude do Concello de Lousame.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com