Este Nadal comprar en Noia ten premio

Ata un coche podedes gañar facendo as vosas compras de Nadal! O Centro Comercial Aberto Noia Histórica, estará aberto os sábados pola tarde e os domingos pola mañá. Un pouquiño máis de tempo para compra os agasallos e para gozar das actividades que vos prepararon incluída a visita de Papá Nöel que atopou un oco na súa apertada axenda…
Os premios! Non nos esquecemos de contárvolo. Ademais do coche tamén sortearán, ante notario, un televisor Samsung de 60 polgadas e nin máis nin menos que 30 vales de compra por valor de 300 euros.
Desde A Ría da Estrela esperamos felicitar aos gañadores. Sorte a todos!

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com