Empanadarte en Muros

Que idea tan orixinal! É estupenda…O Primeiro Puzle Xigante de Empanada.
Organiza a Asociación Animalista ANAJATA e colaboran o Concello de Muros, hostaleiros, panaderías e outros establecementos de Muros.
A cita é no Mercado de Abastos o 27 de febreiro, comeza ás 11 da mañá coa exposición da empanada xigante, a degustación será entre as 12 e media da mañá e as 4 da tarde. A partir das 4 e media ata as 9 da noite, haberá inchables e xogos para nenos.
Gastronomía, arte e unha boa causa xa que este acto celébrase en beneficio da asociación animalista ANAJATA.
Desde A Ría da Estrela parabén por esta iniciativa, estamos seguros de que será un éxito, sen dúbida será a primeira doutras moitas. Bo proveito!

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com