O éxito das festas de Noia

Esta magnífica foto realizada por Suso Souto e publicada no diario El Correo Gallego é o mellor exemplo do que foron as festas de San Bartolomeu 2016 de Noia. Na imaxe a Praza do Tapal con miles de persoas gozando do concerto Los Secretos.

Álvaro Urquijo e os seus compañeiros se encotraron cun público totalmente entregado, de distintas xeracións que non deixou de corear as súas cancións.

Nesta ligazón de El Correo Gallego  podéis ver con máis detalle esta información.

Pero Los Secretos non foron os únicos protagonistas destas festas de Noia 2016, o completo programa deste verán contou entre outras coas actuacións La Década, Merche, David Civera e como non podía ser doutra forma, a París de Noia. Utilizando o argot deportivo, xogaba en casa e os seus compoñentes dérono todo sobre o escenario ante o mellor público que podían ter.

Desde A Ría da Estrela tamén nos gustaría mencionar a sorpresa final do fin de festa que tivo lugar cunha proxección na fachada da igrexa de San Martiño. Un precioso paseo histórico duns minutos dedicado ao Portus Apostoli.

Fiestas Noia 2016 A Ría da Estrela

 

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com