Cursos en el aula Toxoutos de la Uned

A aula de Toxoutos da UNED A Coruña, xa ten aberto o prazo de matrícula para dous cursos que se impartirán o próximo cuadrimestre: “Horta Labrega” e “Saberes e sabores dás nosas froitas”. Tedes este mes para realizar a inscrición no correo maisdetres@yahoo.es ou no teléfono 686 783 800.
Cada curso ten un custo de cincuenta euros e están abertos a todas as persoas interesadas, aínda que só os maiores de 55 anos terán o acceso ao certificado da UNED.
En A Ría da Estrela mostrámosvos o cartel destes cursos e se necesitades máis información podedes consultar a web do Concello de Lousame.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com