Curso de monitor de tempo libre en Outes

Un curso homologado pola Xunta de Galicia que se celebrará nos meses de marzo, abril e maio, na Casa da Cultura de Outes, de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 horas cun calendario que coincide en fins de semana, o que o fai compatible con aquelas persoas que estudan ou traballan e que desexan ampliar a súa formación.
O curso terá unha duración de 200 horas na modalidade de intensivo.
As inscricións realízanse en OMIX (Oficina Municipal Información Xuvenil) onde tamén vos facilitarán toda a información que precisedes.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com