Curso de Lanoterapia en Lousame

Que ben soa! “lanoterapia”. Soa a relax, tranquilidade, entretemento… Non imos moi descaminados. Esta actividade que se está levando a cabo en cinco parroquias de Lousame está a ser todo un éxito. Resulta unha combinación perfecta para desconectar da tensión diaria, practicar unha actividade artesanal e pasar un intre moi agradable.
Socorro Vázquez Montero imparte este curso e como ela mesma explica “O obxectivo non é tecer en si mesmo. É desenchufarse da vida cotiá e dos problemas cunha actividade na que mente e mans traballan en harmonía”. A verdade, e que non se pode explicar mellor…
A orixe desta iniciativa atópase no Programa Aurora, que o Concello de Lousame levou a cabo en 2015, en coordinación co Instituto da Muller e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

 

Curso Lanoterapia en Lousame 3 A Ría da Estrela
As alumnas do CURSO DE LANOTERAPIA están encantadas… Desde A Ría dá Estrela deixámosvos unha ligazón para que poidades descubrir máis cousas deste curso. Estades a tempo de unirvos a esta fantástica iniciativa!
Información curso Lanoterapia

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com