Curso de fotografía en Lousame

Tras o éxito do curso de iniciación, a Concellería de Cultura e Xuventude do Concello de Lousame organiza un novo curso impartido por Ollaparo. As clases son os sábados, de 11 da mañá a 1 da tarde na Casa dá Cultura “Santeiros de Chave” e inclúen saídas prácticas, algo que sen dúbida resulta moi entretido ademais da aprendizaxe que achegará aos asistentes. E se o tempo acompaña…xa será perfecto…
Outra novidade será a saída nocturna para practicar este tipo de fotos que aos inexpertos adóitansenos resistir tanto.
Non faltará un tempo para traballar nas fotografías de retrato.
Máis información e inscricións no teléfono 981 825 780.
Desde A Ría da Estrela ensinámosvos o cartel promocional desta actividade.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com