bg_riademuros_creer_gl

“Crer” é o apartado máis galego da nosa proposta de experiencias, pois mestúranse a maxia, a relixión, a fe ou as crenzas populares; uns aspectos sempre moi presentes na vida da nosa terra.

O sentimento e a estética do viacrucis que, partindo do convento de San Francisco, ascende polo monte Oroso mellorando a cada paso as vistas do máxico monte Louro en Muros.

Un santo especializado en quitar o demo do corpo nunha romaría de Orente (Outes).

Un singular museo de Noia que, na nave dunha igrexa, está dedicado a recoller exemplos de lápidas, cun especial interese polas gremiais.

Un espectacular Cristo na igrexa de San Pedro en Muros. Mosteiros, como o de Toxosoutos (Lousame) que estendían os seus dominios por varios concellos. Fermosos petos de ánimas en Porto do Son. Cruceiros medievais.

Un máxico sobreiral en San Lourenzo (Lousame). Todos estes son algúns dos atractivos exemplos cos que a maxia e a fe nos seducen nesta ría.

btn_titulo_noia

Igrexa de San Martiño

Dise, con razón, que na visita a Noia hai dúas igrexas imprescindibles. De Santa María a Nova xa falamos no Top 10 polo seu museo de “laudas gremiais”; da de San Martiño farémolo agora […]

Más Información
btn_titulo_serradeoutes

San Campio de Ourente

Quitar o demo do corpo é a ardua tarefa á que estaba entregado, máis en alma que en corpo, San Campio, un soldado romano convertido ao cristianismo e que morreu como mártir no século V […]

Más Información
btn_titulo_muros

Cristo da Agonía

Trátase dunha representación barroca que reflicte con extraordinario dramatismo a expresión de sufrimento de Cristo. Está situada no altar das Dores da Igrexa de San Pedro […]

Más Información
btn_titulo_portodoson

Petos de Ánimas e Cruceiros

Trátase duns elementos arquitectónicos ornamentais nos que a cruz como símbolo cristián é o elemento principal. A influencia relixiosa favoreceu a súa proliferación en toda a comunidade galega […]

Más Información
btn_titulo_lousame

Mosteiro de Toxosoutos

O mosteiro de San Xusto de Toxosoutos foi fundado a principios do século XII aos pés do Río San Xusto de Lousame. Co tempo pasou a ser un dos catorce mosteiros cistercienses máis importantes […]

Más Información
btn_titulo_muros

Convento de San Francisco e Vía Crucis

Tamén coñecido como San Francisco de Rial, esta igrexa de estilo gótico está situada nun pequeno val en Louro (Muros). Rodeado dun recio muro, esta obra ten a súa orixe no século XIII […]

Más Información
btn_titulo_muros

Santuario da Virxe do Camino

Testemuñas da fe mariñeira. Este templo do gótico mariñeiro data do século XV, se ben hai restos de unha antiga ermita románica anterio. A nave, de catro tramos, está formada por tres arcos apuntados […]

Más Información
btn_titulo_muros

Igrexa Sta Mª do Campo / S. Pedro

Antiga Colexiata de Muros. Actual igrexa parroquial de Muros. Da construción orixinal, do S.XIII, destaca a portada románica. No interior mostra o gótico mariñeiro, con unha nave […]

Más Información
btn_titulo_lousame

San Lourenzo / O Confurco

Neste fermoso escenario podemos asistir a unha competición teatral inanimada. Árbores e rocas enfróntanse entre eles para conseguir as formas máis sorprendentes. As sobreiras retórcense […]

Más Información
btn_titulo_noia

Museo de Laudas Gremiais

No recinto da desacralizada igrexa de Santa María a Nova espéranos un museo dos máis singulares que vimos nunca. O museo das lápidas gremiais (“laudas gremiais”) de Noia móstranos numerosos […]

Más Información

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com