San Orente

Quitar o demo do corpo é a ardua tarefa á que estaba entregado, máis en alma que en corpo, San Campio, un soldado romano convertido ao cristianismo e que morreu como mártir no século V.

A romaría de San Campio celébrase na igrexa parroquial de Ourente cada 29 de setembro. Popularmente é coñecida como a romaría “do mal pequeno”, alí acudían persoas ás que se consideraba “endemoñadas” para que San Campio lles quitase o mal. Como antigo soldado, San Campio tamén tiña unha atención especial para os que se alistaban a filas, protexéndoos tanto en período de guerra como na realización do antigo servizo militar.

As reliquias deste santo, que chegaron a Outes en 1795, consérvanse na igrexa e hoxe en día seguen sendo obxecto de veneración.

El tiempo en Outes
Domingo 14°
Lunes 13°
Martes 12°
Miércoles 12°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com