Monasterio Toxosoutos

O mosteiro de San Xusto de Toxosoutos foi fundado a principios do século XII aos pés do Río San Xusto de Lousame. Co tempo pasou a ser un dos catorce mosteiros cistercienses máis importantes de Galicia, caendo despois nunha progresiva decadencia que o levou á ruína; tanto é así que a principios do século XX un párroco vendeu o claustro románico a un vizconde para o seu pazo de Noia. Actualmente só se conservan o seu muíño e a súa casa reitoral (rehabilitados) e a súa igrexa, un exemplo de barroco rural.

Dise que Toxosoutos é un marabilloso exemplo de unión de historia, arte e natureza, porque a todo o que se dixo ata aquí hai que engadir que nesta zona o río Xusto móstrase como un espectáculo máxico de rápidos e fervenzas.

El tiempo en Lousame
Sábado 20°
15°
Domingo 19°
14°
Lunes 19°
15°
Martes 20°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com